top of page
Foto del escritorCPR. A Ponte Pasaxe

Construímos unha estación meteorolóxica?


Unha estación meteorolóxica é un lugar que permite observar os fenómenos atmosféricos a través de aparatos e instrumentos que miden as condicións da atmosfera. Sitúanse en lugares escollidos e, aínda que están ao aire libre, algunhas protéxense dos raios so lares.

A continuación, realizaremos a nosa propia estación meteorolóxica utilizando para iso os seguintes instrumentos de medida: un pluvió metro e un anemómetro.


Elaboración do pluviómetro

Para iso, necesitamos unha botella de plástico, celo, unha regra, un rotulador permanente, croios (pedras redondeadas) e un cúter.

1.º Cortamos a parte superior da botella e enchemos a base desta cos croios, co fin de evitar que se envorque.

2.º Bótase auga sobre as pedras ata cubrilas.

3.º Sobre a base colocamos a parte superior da botella de forma invertida coma se fose un embude, e pegámola con celo.

4.º Para finalizar, coa regra e o rotulador, marcamos pola parte exterior da botella os diferentes niveis cada 0,5 centímetros.

5.º Recorda que entre unha recollida de datos e outra, debes baleirar a botella ata o nivel 0. Para iso, realiza un pequeno burato na zona máis elevada da botella.



Elaboración do anemómetro

Para a súa elaboración requírense un recipiente a xeito de soporte re cheo de pedras ou terra (lata ou maceta), dúas palliñas do mesmo ta - maño (palliñas para beber), un prato e catro vasos de plástico, pistola - de silicona, un lapis con goma nun extremo e un alfinete.

1.º Pegamos as dúas palliñas en forma de cruz sobre o prato. Igual mente, pegamos un vaso en cada extremo das palliñas utilizando - para facelo unhas gotas de silicona. Recordar que os vasos teñan a apertura cara á mesma dirección.

2.º Atravesar o centro da cruz formada polas palliñas cun alfinete, que se cravará sobre a goma do lapis.

3.º Colocar o lapis sobre o soporte.

4.º Para medir o número de voltas que dá o anemómetro nun minuto, marcaremos un dos vasos cun rotulador ou utilizando un vaso di ferente. A continuación, mídese o perímetro da circunferencia en centímetros que describen os vasos dos extremos (máis ou menos o perímetro do prato) e multiplícase o número de voltas polo perí metro da circunferencia, obtendo desta forma a velocidade do vento en cm/min.



10 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IMG_4856.jpg
IMG_4874.jpg
IMG_4884.JPG
IMG_4877.jpg
IMG_4880.jpg
IMG_4886.jpg
IMG_4879.jpg
IMG_4882.JPG
IMG_4961_edited.jpg
IMG_4873.jpg
Captura de pantalla 2018-10-25 a las 19.
IMG_4887.jpg
IMG_4876.jpg
bottom of page