Na clase estivemos a ver a diferenza entre as palabras polisémicas e homónimas.
A pesares de non coñecer a orixe das palabras, atopamos unha maneira de distinguilas. Ao buscalas no dicionario puidemos observar que, as palabras polisémicas tiñan unha soa entrada, con distintas acepcións (significados); mentres que as palabras homónimas teñen varias entradas no dicionario, aparecendo independentes unhas das outras.
Agora... imos ver se nos quedou claro... seredes capaces de selecionar a opción correcta neste test?
SORTE!!
Comments